Entre as actividades deportivas que está a desenvolver o Club Montaña Trives neste verán figura a segunda edición da Piraguaina a Chandrexa de Queixa. Trátase dun percorrido polo encoro que está previsto para o vindeiro 23 de xullo. O programa comezará ás nove e media da mañá en Chandrexa cunha sesión de iniciación ao piragüismo. A partires das dez e media encetarase a ruta polo encoro que durará ata as dúas da tarde.
De seguido, haberá un xantar a base de paella para os participantes no Restaurante Cardiego. Xa pola tarde, entre as tres e as sete, as piraguas serán de libre uso para os asistentes.
As persoas interesadas en facer esta ruta poderán realizar a súa inscrición no enderezo electrónico club.montana.trives@gmail.com. O prezo das inscricións é de 19,50 euros (todo incluído) para os socios do club, de 25 euros (todo incluído) para os non socios e de 13 euros só a comida.
Fotos: Club Montaña Trives.