Na mañá do venres 5 de agosto comezaban os preparativos físicos de “Inxertarte”, a mostra de “saber e sabor” que permanecerá aberta durante todo o día de mañá, sábado 6 de agosto.
Ao longo da rúa Miguel de Cervantes de Vilamartín de Valdeorras estanse colocando os expositores nos que mañá se instalarán apeiros e mostras da enxerta, da pedra, de tecidos, do ferro, da madeira e como non das adegas. Todos eles traballos que forman parte da vida tradicional no campo, aos que engaden a gastronomía coa posibilidade de degustar pratos da terra (polbo, caldo galego, carne ao caldeiro, lacón con grelos, bica,…) en diferentes locais de hostalaría: Marbella, Acuarela, A Lastra, Santos, Rodeleira e A Calzada.
A mostra está organizada pola Concellería de Cultura de Vilamartín de Valdeorras.
Fotos: Carlos G. Hervella.