Despois de varias operacións tralo atropelo sufrido en decembro mentres traballaba e antes da que aínda lle queda pendente, Avelino Álvarez “Villa” está pasando uns días en casa e dende a súa familia amarela, o CD Rúa quere recibilo por todo o alto e facerlle unha homenaxe.
Será on vindeiro domingo 17 de marzo ás 16:30 horas, antes do partido do equipo sénior contra o Sporting Carballiño. “Fará o saque de honra e entregaráselle un agasallo por todo o cariño que sempre demostrou polo club e gustaríanos contar con todos os nenos do fúbtol base, que son o noso sinal de identidade, para darlle un caluroso recibimento e que sinta todo o noso cariño”, aseguran dende o club.