A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo, que preside Ángel Trabada, vén de celebrar o Día das Letras Galegas en Vietnam, sendo posiblemente os primeiros galegos que festexaron o día 17 esta efeméride.
Eran as 5,30 da mañá en España (10,30 en Vietnam), estando o grupo lucense percorrendo a Bahía de Halond a bordo do Amanda Cruise, cando se xuntaron para contemplar a mensaxe audiovisual enviada desde Galicia polo xornalista Xulio Xiz, membro da Asociación.
O grupo de Amigos do Camiño, que percorre Vietnam na súa viaxe cultural anual, ten celebrado o Día das Letras en lugares como Bulgaria, Sicilia, Rumanía ou Xordania, por coincidir estas viaxes coa Festa Galega da escrita e da fala.
