CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Paco Campos presenta o seu novo disco “Cantarenas na noite”, nun recital na Coruña

Será o vindeiro 22 de maio ás 19:30h. na sede da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda

Paco Campos propón un intenso percorrido por algúns dos versos máis representantivos da traxectoria do poeta corgomés Florencio Delgado Gurriarán, recitados e musicados, no seu novo disco: “Cantarenas na noite”. O actor e músico valdeorrés encetaba este proxecto alá polo ano 2022, cun espectáculo homónino coincidindo co recoñecemento das Letras Galegas para Florencio. Agora, case tres anos despois, presentarao o vindeiro 22 de maio ás 19:30h. nas sede da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, na Coruña.

Será nun recital poético-musical, que se complementará “cun soporte audiovisual elaborado polo director, tamén valdeorrés, Domingo D. Docampo, autor de “O castiñeiro morto”, unha curtametraxe que homenaxea a Delgado Gurriarán, que será proxectada previamente ao recital”.

Campos, actor cunha longa traxectoria, ten gravado como músico catro discos acompañado polo grupo Chaira: “Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro” (traballo colectivo), “Ó rompe-lo día”, “Laura, ollos de auga” e “Un Atlántico de música” (inédito). Este é o seu quinto disco e o máis persoal.

 

Back to top button