Dentro de Festur (Feira de Festas de Interese Turístico de Galicia) que se está a desenvolver na Semana Verde de Galicia en Silleda, en concreto no pavillón 2, están presentes dos Fulións tradicionais de Manzaneda e de Vilariño de Conso.
No seu expositor de Manzaneda dende onte e ata o domingo 2 de xuño o público pode achegarse ao engado destes Entroidos tradicionais a través dunha escolma das imaxes da exposición de Carlos G. Hervella sobre o seu fulión e dunha proxección.
E, nese senso, faise unha singular proposta aos visitantes, que se fagan “un selphie ou un video tentando bailar ao compás do son para compartilo no perfil de Facebook do Concello de Manzaenda ou de Instagram”. Con todo, aseguran dende o Concello de Manzaneda, “o mellor xeito de coñecer o noso Entroido é que veñan vivilo á nosa a terra”.
Fotos e vídeo cedidos.

