DeportesFútbolÚltima horaVídeos

A barquense Carmen Suárez, unha das protagonistas do anuncio da nova camiseta do RC Celta de Vigo

 

O RC Celta de Vigo vén de presentar o anuncio publicitario da súa nova camiseta, un deseño de Hummel que inclúe no tecido celeste a relación dos 313 concellos galegos, que ten entre os seus protagonistas a unha barquense.

Carmen Suárez Marcos participaba na gravación do spot realizada o 16 de maio en Coia (Vigo), dando como resultado un fermoso anuncio que dará a volta ao mundo. Avisárona dous días antes e recoñece que todo foi moi rápido, en apenas dúas horas, unha experiencia moi boa e toda unha sorpresa.

“No mes de febreiro presenteime a unha axencia de figuración porque estaban rodando unha película en Pontevedra, onde vivo, e quedei na súa base de datos. Xa nin me acordaba e un día recibín unha mensaxe dicindo que se me interesaba participar no anuncio tiña que enviar un vídeo entonando o himno do Celta. Non pensei que me foran coller a verdade, pero un día chamáronme e díxeronme que fora seleccionada”, conta Carmen.

 

Artigos relacionados

Back to top button