CD BarcoCD RúaDeportesFútbolÚltima horaVídeos

38 equipos participan no Torneo de Fútbol 7 ‘Valdeorras Perullo Cup’ que comeza hoxe no Campiño de Viloira (O Barco)

 

Unha vez rematadas as ligas comezan os torneos e campus de verán de fútbol. Dende este mércores 5 de xuño e ata o domingo día 9, dispútase no Campiño de Viloira unha nova edición do Torneo de Fútbol 7 ‘Valdeorras Perullo Cup’ organizado polo Centro de Deportes Barco no que participan 38 equipos de base (5 benxamíns, 5 alevíns, 10 cadetes e 9 xuvenís).

 

 

Hoxe disputábanse os cinco primeiros partidos. No campo 1 os cadetes Palominos de Montepinar-Coirachos e Corirachos-CD Rúa; e os infantís CD Barco-CD Rúa B. No capo 2 os benxamíns CD Barco A-CD Rúa; e os infantís Sables FC e CD Rúa A.

O torneo conta coa colaboración de Ocio y Deporte Valdeorras, da Deputación de Ourense e do Concello do Barco e coma sempre haberá premios para os catro primeiros clasificados e tamén trofeo para o mellor xogador e porteiro de cada categoría.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button