OurenseÚltima hora

A rehabilitación da alameda de Covadonga, máis preto da realidade

O alcalde de Ourense asina o convenio de colaboración coa Xunta para proceder ás actuacións, valoradas en 260.000 euros
A conselleira de Medio Ambiente co alcalde de Ourense, esta mañá, na firma do convenio en Santiago.
A conselleira de Medio Ambiente co alcalde de Ourense, esta mañá, na firma do convenio en Santiago.

A reforma do entorno da alameda de Covadonga, en Ourense, xa está un pouco máis preto tras a firma do convenio de colaboración que realizou esta mañá o alcalde, Jesús Vázquez, mais a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato. A actuación enmárcase no Plan Hurbe do goberno autonómico e contará cun presuposto de 260.000 euros.

A iniciativa permitirá a rehabilitación da praza e da alameda de Covadonga. Na alameda completarase a zona de xogos infantís con novas unidades e crearase unha nova área para elementos biosaludables. Na praza instalarase unha nova rede eléctrica, soterraranse as canalizacións aéreas das redes de distribución, colocarase un novo alumeado e melloraranse os viarios do perímetro da praza a través dun novo asfaltado.

Artigos relacionados

Back to top button