O vindeiro sábado 22 de xuño celebrarase na área recreativa do Bañadoiro, en Vilamartín de Valdeorras, unha gran festa para toda a familia. O “Vilacolor Run” é un evento que mestura deporte con diversión para todas as idades que comezará ás 18 horas e na que non faltará a música e o bo ambiente.
Unha andaina e carreira duns 5 km con polvos de cor, moi festiva, para nenos e maiores e sobre todo familias “o maior volume de participantes que imos ter”, explican dende a organización, adiantando que as inscricións antes do sábado terán dereito a camiseta, despois xa será sen camiseta.







