DeportesEn portadaÚltima hora

Xiana Pungín (Adas Cupa) suma 2 metais en T13 no Campionato de España de atletismo adaptado

 

Máis de 200 deportistas de diferentes federacións e partes da xeografía española dábanse cita na pasada fin de semana en Alcobendas para participar no Campionato de España de Atletismo para Persoas con Discapacidade. Tratábase dunha proba absoluta para todas as categorías e idades de paralímpicos.

Entre os participantes estaba a atleta valdeorresa con orixes na Mezquita Xiana Pungín Estévez (Club Adas Cupa do Barco). Lograba un segundo posto en salto de lonxitude categoria T13 e era sexta en total nesa proba e entre todas as categorías de paralímpicos. Ademais melloraba a súa marca con 4,47. Na disciplina dos 100 m lisos fixo primera categoría T13 e quinta entre todas as categorías de paralímpicos.

 

 

Xiana Pungín prepárase agora para o Campionato nacional de categorías menores, que se celebrará en Madrid na vindeira fin de semana.

Fotos cedidas.

 

Back to top button