DeportesÚltima hora

Os loitadores valdeorreses Javier Carriba e Ramón Núñez participarán no MFC ‘Showdown 039’

O combate estelar da velada que se celebrará o 6 de xullo en Vilamartín, será o das loitadoras Inés Daniela (Ponferrada) e Inés Correia (Portugal) que loitarán polo título pofesional

 

Volven a Valdeorras os combates amateur, neo e profesional. O vindeiro 6 de xullo celebrarase no Hotel e Eventos Paladium de Vilamartín de Valdeorras unha nova edición do premio MFC, o Showdown 039 con combates de MMA, Kick Boxing, Muay Thai, K1 e Grappling, masculinos e femininos.

Os valdeorreses Javier Carriba (Graíño Team O Barco ) Ramón Núñez (Club Kickboxing Valdeorras), pelexarán nunha Superfight de Grapling e en K1 amateur, respectivamente, pero o combate estelar da velada será o das loitadoras Inés Daniela (Ponferrada) e Inés Correia (Portugal) que loitarán polo título pofesional MFC en K1 -50kg en cinco asaltos de tres minutos.

 

Artigos relacionados

Back to top button