Da man dun grupo de xoves da Rúa e do Barco nacía o ano pasado o primeiro Orgullo LGTBIQA+ da historia en Valdeorras, co fin de “reivindicar dereitos e visibilizar a diversidade sexual e de xénero, que tamén existe na nosa comarca”.
E neste 2024 serán de novo dous os escenarios para celebrar o 2º Orgullo Valdeorrés os días 28 e 30 de xuño, A Rúa e O Barco. O venres ás 12 horas lerase o manifesto na praza do Concello da Rúa e ás 20 horas, proxectarase o documental Testigos de un tiempo maldito de Javier Larrauri no Centro Cultural Avenida.
O domingo ás 20 horas haberá un concerto no paseo do Malecón do Barco a cargo de Piratas sen Parche.




