ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

608 persoas eran atendidas por Cáritas da UPA do Barco no ano 2023

Cáritas Diocesana de Astorga vén de presentar a súa memoria

 

“A caridade non se improvisa, planifícase”, de aí a necesidade dos equipos cos que conta Cáritas Diocesana de Astorga nas diferentes unidades pastorais, entre elas as do Barco e da Virxe das Ermidas (A Rúa, Trives e Viana), “imprescindibles para atender, previr e planificar as necesidades da xente”.

Así de rotundo se amosaba o delegado diocesado, Francisco Turrado, na presentación da memoria de 2023 de Cáritas Diocesana de Astorga, que tiña lugar na mañá deste martes 25 de xuño no Salón Parroquial do Barco de Valdeorras, acompañado pola directora, Inmaculada del Peso; polo coordinador da UPA do Barco, Jesús Álvarez; pola directora de Cáritas da UPA Virxe das Ermidas, Mª Jesús Movilla; e polo director de Cáritas da UPA do Barco, Celso Gómez.

 

 

Antes de dar paso á presentación propiamente dita, Corrado destacaba a necesidade de coñecer a realidade en cada zona a través dos equipos cos que contan, actualmente 114 traballadores (10 deles técnicos) e 195 voluntarios distribuídos polas 11 UPAs, para “dar resposta ás necesidades da poboación cristiá”, lamentando a baixada de socios e adiantando a elaboración dun plan estratéxico para os vindeiros catro anos que presentarán despois do verán.

A encargada de resumir a actividade de Cáritas Diocesana de Astorga no ano 2023 era Inmaculada del Peso, quen falou dos diferentes programas cos que traballan. De acollida e atención primaria (resposta a primeiras necesidades); infancia e xuventude (traballo e acompañamento con menores); muller (atención especial a mulleres nun contexto de prostitución); emprego e itinerarios (orientación e capacitacion para un emprego digno); e traballos en beneficio da comunidade. Tamén falou dos tres centros asistenciais cos que contan (dous en Astorga e un en Fuentesnuevas); e da cooperación internacional centrada en zonas de conflito bélico e centro de desgrazas naturais.

 

 

Por áreas, en atención primaria realizaron 7.260 atencións en todas as UPAs e investidos recursos por importe de 327.000 euros, dos cales 133.000 foron de subvencións e 194 de fondos propios. Na área de centros estanse atendendo a 374 persoas e gastaron 2.487.000 euros dos cales 130.000 proceden de subvencións, 102.000 de fondos propios e o resto dos usuarios porque a xente que ten recursos ten que aportar. Nos programas de infancia, xuventude e muller antenderon a 969 persoas cun investimento de 419.000 euros dos cales 348 son subvencións e 70.000 de fondos propios. En cooperación internacional investiron 65.000 euros dos cales 10.000 son de subvencións do Concello de Ponferrada e o resto de fondos propios, con 38.890 euros recadados para as emerxencias humanitarias.

 

 

No caso da UPA do Barco de Valdeorras, atendéronse a 608 persoas, cun investimento de 27.435 euros, dos cales de subvencións saíron 13.975 e de recursos propios 13.460. Da UPA das Ermitas aínda non se recolleron datos.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button