
O domingo 14 de xullo celebrarase no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, no Concello de Parada de Sil a Romaría na honra de San Bieito, patrón de Europa, protector dos monxes e padroeiro de espeleólogos, arquitectos, enxeñeiros, dos arquiveiros, bibliotecarios e arqueólogos.
A procesión amenizada pola charanga Big Band será ás 12 horas seguida da misa no interior do templo cantada pola Coral Auria Música. A sesión vermú e a festa á tardiña no Camping Canón do Sil tamén estará amenizada pola charanga.
Ese día o Bus-Lanzadeira será gratuíto para todos aqueles residentes de Parada de Sil que baixen á romaría, sen necesidade de reservar ata completar as prazas. Sairá cada media hora (10:30, 11 e 11.30h.) con posterior retorno a Parada de Sil as veces que se precisen ata as 14 horas.
Ademais, con motivo da romaría, o menú do camping estará composto de empanada galega, mexilóns á vinagreta, xamón asado con patacas, milfollas de crema; niño branco e tinto, cerveza de barril, augas e refrescos, gasosa, café e infusións (20 euros/ persoa). Obrigatoria reserva previa no teléfono 667 567 481.




