DeportesFútbol salaÚltima horaVídeos

Comeza en Calabagueiros o I Torneo de Fútbol Sala Vila do Barco

 

Dende as oito da tarde deste venres 6 de xullo e ata as tres da mañá do sábado día 7, desenvólvese no pavillón municipal de Calabagueiros a primeira xornada do I Torneo de Fútbol Sala Vila do Barco no que participan un total de 16 equipos, a maioría do Barco de Valdeorras.

Os primeiros en xogar, mentres a selección española de fútbol vencía á alemana en oitavos de final da Eurocopa, eran os equipos Adegas Sotillo e Gato Negro FS. O segundo partido da tarde é o de Lavandería El Camino-Amigos FS.

 

 

Na xornada de mañá os partidos desenvolveranse de xeito ininterrompido dende as nove da mañá ata as dúas da madrugada. E xa na do domingo, de 9 a 20 horas aproximadamente.

O domingo será tamén o mini torneo feminino no que participarán o Rúa Valdeorras Futsal, o Cidade de As Burgas FS, o Ourense CF e o Vianariño FS. A final  está prevista  para as  18 horas.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button