AletismoDeportesÚltima hora

Abertas as inscricións para a 8ª Milla Urbana Nocturna da Rúa

Participantes na anterior edición da carreira./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

O altetismo é dende hai anos un dos ingredientes do programa das festas de verán na Rúa. Comezou sendo no Aguillón e despois trasladouse ata a céntrica rúa Miguel de Cervantes. Aí, a partir das 21 horas celebrarase o sábado 3 de agosto a 8ª Milla Urbana Nocturna, organizada polo Club Atletismo Rúa, para diferentes categorías.

As inscricións están xa abertas na tenda Okre da Rúa e tamén online. A partir de 18 anos custarán 5 euros, para os menores é gratis.

 

Artigos relacionados

Back to top button