Grupos consolidados a nivel nacional, bandas emerxentes e tamén locais conforman o cartel musical do SilFest Valdeorras que se está celebrando no paseo fluvial do Malecón no Barco.
E neste terceiro grupo encádrase El Patio de Leni, agrupación barquense nacida ao abeiro de AMAVA (Asociación de Música Alternativa de Valdeorras) que no mediodía deste sábado 20 de xullo actuaban no escenario Xacobeo, a beira do Sil.
Amenizando a sesión vermú, a banda de versións facían cantar e bailar ao público ao ritmo de cancións españolas de onte, de hoxe e de sempre. Dende Hace Calor coa que empezaban ata En Algún Lugar, pasando por La Flaca, Cuando Brille el Sol ou Maneras de Vivir.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.





