
Da mellor forma posible se inauguraban as recentemente reformadas pistas de tenis de Petín. Na tarde deste domingo 21 de xullo, catro días antes da Festa de Santiago Apostolo remataba o XXV torneo Memorial Juan Pablo Vieites, con Diego Blanco como campión absoluto.

Diego vencía na final a Miguel Blanco por 6-0/6-0, amosando unha gran superioridade largo dos partidos deste campionato. “Non perdeu ningún ningún xogo nos tres partidos que disputou”, aseguran dende o CT Rúa colaborador do torneo organizado polo Concello de Petín.

Na categoría de iniciación Pedro Merino proclamábase campión ao derrotar na final a Rafael Gudiña por 7-2; e na de veteranos +35 Julio López vencía na final a Jonatan Merino por 6-1/6-0.
Fotos cedidas.



