EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaVídeosViticultura

Maridaxes de viños con películas, da man da Ruta do Viño de Valdeorras

Esta tardiña desenvolvíase unha singular cata no adro da Igrexa de San Estevo na Rúa

 

Cine e volvían ir da man na segunda actividade organizada pola Ruta do Viño de Valdeorras neste mes de xullo. Tras a proxección na pasada semana do documental “Covas de Valdeorras” no Casino do Barco, na noite deste venres a actividade trasladábase ata o adro da igrexa de Santo Estevo da Rúa e consistía nunha cata comentada titulada “Viños de película”.

 

 

A iniciativa estaba guiada pola enóloga Cecilia Fernández e por Cristina da Torre. No seu decurso ían descubrindo ata media ducia de viños detrás das historias cinematográficas, ofrecendo unha oportunidade única de degustar e aprender sobre os viños de Valdeorras nunha contorna histórica e cultural.

 

 

Comezábase con “Status”, nos que os filmes “Casablanca” ou “Marie Antoniette” combinábanse cun escumoso, o Brinde de Roandi. E a partir de aí viñan o Quinta da Peza, Bico do Lugar Godello, Sede e Fame de Virxe de Galir, Casal Novo merenzao ou A Cotarona brancellao, harmonizados con diversas películas.

Fotos e vídeo: O SIL.

 

Back to top button