ConcellosÚltima horaViana do BoloVídeos

A cea do 50º aniversario do CD Viana reúne a máis de 200 persoas no campo das Carrelas

 

Cunha gran xornada no campo das Carrelas, celebraba o CD Viana o seu 50ª aniversario. Os actos conmemorativos comezaban cedo, con inchábeis para os máis pequenos e o partido dos xuvenís e amigos do CD Viana.

De seguido e, antes do partido dos Veteranos co actual equipo do CD Viana, o equipo sénior recibía de mans do delegado provincial da Federación Galega de Fútbol, Raúl Rois, o trofeo de campión de liga da tempada 23/24.

 

 

Cun gran ambiente no campo de fútbol vianés onde permanecías expostas as copas e trofeos logradas polos celestes no seu medio sáculo de historia, na tarde do sábado 27 de xullo tamén se entregaban obsequios a expresidentes do club e proxectaban imaxes de diferentes tempadas, con especial mención a persoas vinculas co club.

Con todo, o prato forte e nunca mellor dito, era a cea no propio campo con entrantes ibéricos, langostinos, costela de tenreira asada e bica, que reunía a 215 persoas, rematando a festa con copas e a música dos djs Millenial e Josete.

Fotos: O SIL.

Máis fotos en:

O CD Viana recibe nas Carrelas a Copa de campión de liga 23/24

O CD Viana recibe nas Carrelas a Copa de campión de liga 23/24

Artigos relacionados

Back to top button