Do 24 ao 27 de xullo a praza Doutor Quiroga de Petín converteuse no centro neurálxico das festas patronais na honra a Santiago Apóstolo e Santa Ana.
Catro días de cultos, troula e sobre todo moita música que enchía a praza de bo ambiente e baile. As charangas Achicoria CLK para o mediodía; as orquestras Los Españoles e Panama Band; e os grupos América e Dr. Slump que pechaba as festas o sábado de madrugada.
Fotos cedidas.



