CulturaCulturaEn portadaMúsicaÚltima hora

“Os Sons da Emigración”, co pianista Octavio Vázquez, de Río, o 3 de agosto no auditorio de Trives

Neste concerto este músico e compositor afincado en Nova York estará acompañado pola soprano Angelika Muchitsch e o violinista alemán Ludwig Dürichen

O compositor e pianista Octavio Vázquez, natural de San Xoán de Río e afincado en Nova York dende 1999, ofrecerá un concerto o vindeiro sábado 3 de agosto no Auditorio Julio Vázquez de Trives, xunto coa soprano vienesa Angelika Muchitsch e o violinista alemán Ludwig Dürichen.

“Os Sons da Emigración” fará un percorrido polas músicas que puideron escoitar moitos dos nosos emigrantes nos Estados Unidos e en Europa, escrita por compositores como Kurt Weill e George Gershwin que foran eles mesmos emigrantes, como tamén o é Octavio do que escoitaremos varias pezas para violín e piano. O concerto será ás oito da tarde, entrada libre ate completar o aforo.

A actuación está organizada polo Concello de San Xoán de Río, colabora o Concello da Pobra de Trives e a Deputación de Ourense. Trátase dunha interesante aposta por achegar a música internacional de primero nivel ao rural.

Fotos cedidas.

 

 

Back to top button