
Tras uns anos sen festa, antes incluso da pandemia, neste 2024 un grupo de veciños decidían formar unha comisión para “volver traer a alegría á nosa praza”, organizando un completo programa para celebrar as festas patronais.
Un programa que arrincará o mércores 14 de agosto pola noite coa I Cea Popular de Vilanova. Será a partir das 22 horas na praza do pobo cun menú a base de entremeses, carne asada, bica, café, bebida e licores. As entradas (25 euros adulto e 12 nenos) poden mercarse ata o 11 de agosto poñéndose en contacto con alguén da comisión (657 210 323).
Trala cea haberá sesión vermú con Dj Opium (Isra) e para o día seguinte, xoves 15 de agosto, haberá misa ás 12h. na honra a Nosa Sra. da Asunción con sesión vermú (13h.) e sesión de tarde e verbena coa Orquestra Café Olé.
O venres 16 de agosto, día de San Roque, a sesión de tarde e verbena correrá por conta da Orquestra Merengue.




