CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O folk de Caldo, no V Terrasón do Barco

 

Caldo, considerada unha das formacións revelación do folk actual, actuaba na noite do 9 de agosto na praza do Concello do Barco. O seu concerto, que se iniciaba ás 22:30h., estaba incluído no quinto ciclo Terrasón, que promove o Concello do Barco

No seu segundo disco, Caldo incorpora lírica propia, que se fusiona naturalmente con outros aprendidos da tradición oral, reinterpretados desde unha ollada con textos sonoros contemporáneos, a través da experimentación cos propios instrumentos.

 

 

Co seu primeiro álbum acadaron un premio Martín Códax ao Mellor proxecto de música folk, e foron gañadores do concurso Fran Pérez ‘Narf’ no ano 2020. En maio de 2023 viu a luz o seu segundo álbum, “Lugar A Ponte”. Con él, afianzan a súa sonoridade.

Fotos cedidas.

Back to top button