ConcellosEn portadaO BoloÚltima hora

O programa da II Festa Irmandiña do Bolo, con pregón do músico e científico Carlos Domínguez, detalle a detalle

A Feira Irmandiña, no entorno do castelo, contará cons 23 postos nesta edición, prevista para o 14 de agosto

Imaxe da anterior edición desta festa./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Este mércores, día 14 de agosto, celebrarase no entorno do castelo do Bolo a segunda edición da Feira Irmandiña. Unha festa que se fai lembrando o pasado medieval deste castelo e un dos feitos relevantes ligados a el, como foi o ataque dos Irmandiños.

“A idea parte dun feito singular que ocorreu no castelo no século XV, o asalto á fortificación por parte dos Irmandiños, que provocou a destrución de parte da edificación e a súa posterior reconstrución. Esta é unha parte da historia deste castelo pouco coñecida e única na comarca de Valdeorras, que dende o concello queren promocionar e poñer en valor”, segundo conta a organización, en mans do Concello do Bolo.

Este ano o evento conta con diversas novidades, entre elas, haberá pregoeiro, unha proxección audiovisual sobre os muros do castelo e representacións teatrais.

Pregón do músico e científico: Carlos Domínguez

O Concello do Bolo escolleu a esta persoacomo pregoeiro para este ano por estar relacionado a través da súa familia con este municipio e ademais ser unha persoa de relevancia no campo da ciencia e tamén recoñecendo a súa faceta como músico cantautor. Como fillo de emigrantes boleses, cando percorre o mundo dando conferencias como científico (licenciado en Ciencias Físicas e Doutor en Ciencias, director do Laboratorio de Tecnoloxía de Polímeros da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid) sempre fala da súa terra de orixe.

Ademais nas letras das súas cancións están presentes tanto esta localidade como os emigrantes que dela saíron e que co seu esforzo puideron dar estudos e un futuro mellor aos seus descendentes. Cancións que por outra banda xa levan chegado a moitas partes do mundo, entre elas, lugares como o Líbano, a través do Instituto Cervantes. A lectura do pregón será ás 12 horas na praza ao lado do castelo, onde estarán os postos de produtos tradicionais.

 

O pregoeiro Carlos Domínguez./ Cedida.

 

A Feira Irmandiña, con 23 postos

O grupo de goberno local-presidido polo socialista, Alberto Vázquez-quere impulsar o coñecemento da historia e cultura deste concello e dos seus produtos tradicionais. O obxectivo é atraer máis visitantes a este municipio e poder xerar tanto movemento social como económico.

Con este obxectivo continúase coa segunda edición da Feira Irmandiña que se celebrará o día 14 de agosto, de 11 a 23horas. Nesta segunda ediciónseguirá tendo especial protagonismo afeiradeprodutos tradicionais da vila e da comarca, comoo viño, o aceite, o mel, os embutidos, os doces, a artesanía.

Un total de 23 postos estarán abertos durante todo o día na praza ao lado do castelo. Dentro do recinto amuralladoinstalarase este ano un posto de comida, que terá como novidade o porco asado ao espeto. Ademais nos arredores da fortificación haberá xogos para os nenos e tamén estará presente a música con cantos de taberna tradicionais.

Para promover o coñecemento da historia do castelo faranse visitas guiadas de balde ao interior do castelo ás 11, 13:30, 18 e 19:30 horas. Nesas visitas contarase a historia dos Irmandiños e a súa actuación neste castelo. Entre as novidades deste ano haberá unha representación teatral no exterior do castelo pola noite, ás 20horas, e tamén animación de rúas para que os veciños se reúnan a partir das 19 horaspara subir ata o castelo e inaugurar a feira.

A parte teatral estará a cargo da compañía Platea Lúa. A outra innovación deste ano será un video mapping que se proxectará sobre a torre do castelo ás 22 horas baseado na historia do asalto a fortificación polos irmandiñose Idade Media. A proxección poderá verse dende moitas partes do casco urbano e incluso dende as parroquias de arredor. Dende o Concello animan aos visitantes a vir vestidos de época para sentirse como os señores e irmandiños na Idade Media. En próximas edicións irase ampliando as actividades con esta temática.

 

PROGRAMA ACTOS 14 DE AGOSTO DE 2024

11 horas: Apertura da feira de produtos tradicionais da Praza do castelo e arredorescon 23 postos de produtos variados. Produtosna feira: viño, mel, queixo, aceite, doces artesáns, artesanía variada, palilleira, pulpeiro

12 horas:Pregón na praza a cargo do científico e músico: Carlos Domínguez

14 horas: Comida no patio de armas con porco ao espeto. Compra de entradas a 12 €/persoa que inclúe prato de barro de recordo, pane bica. Non inclúe bebidanin copa que se compra a parte.

17 a 21 horas:Tarde Cativa na Feira Irmandiña: Roteiro de xogos medievais, obradoiro de deseño de bandeiras, pintacaras e Inchable.

19 horas: Subida ao Castelo dende o Concello. Subida dende a casa do concello do grupo teatral Platea Lúa co chamamento ao ataque irmandiño do castelo.

20 horas: Representación teatralde Platea Lúa no entorno do castelo

20:30 horas: Cantos de taberna polo entorno do castelo

22-23 horas: Videomapping sobre a torre do castelo: proxección audiovisual sobre as paredes da torre do castelo coa historia da Idade Media e o ataque Irmandiño ao castelo.

Esta proxección poderá verse dende toda a localidade do Bolo, incluso moito mellor que pegados á torre. Lugares ideais para ver a montaxe dende uns 50 a 100 metros no entorno do castelo. Zonas dende as que se divise ben a torre.

23 horas:Fin da festa no castelo.

Back to top button