Coa apertura da Feira Irmandiña ás 11h. deste 14 de agosto na contorna da fortaleza medieval do Bolo arrancaba a segunda edición da Festa Irmandiña deste municipio. Numerosas persoas pecorrían a mostra, na que ata esta noite poden verse, catarse e mercarse produtos gastronómicos, pero tamén de artesanía en diferentes materiais.
Un total de 23 postos de doces, licores, viño, artesanía, cosmética… estarán abertos durante todo o día na praza ao lado do castelo. Numerosas persoas, moitas delas vestidas á usanza medieval, percorrían o recinto da feira xa dende a mañá.
Fotos e vídeos: O SIL.
14 de Agosto de 2024

















