As festas patronais de Vilanova (O Barco) encetábanse na noite do 14 de agosto arredor da mesa. Unhas 250 persoas reuníanse na praza para desfrutar da I Festa Popular de Vilanova a partir das 22:00h. Compartían un menú a base de entremeses, carne asada, bica, café, bebida e licores. As entradas custaban 25 euros no caso dos adultos e 12 euros no dos nenos. Non faltaba tampouco a música para animar a velada.
Para este xoves 15 de agosto está programada unha misa ás 12h. na honra a Nosa Sra. da Asunción con sesión vermú (13h.) e sesión de tarde e verbena coa Orquestra Café Olé.
O venres 16 de agosto, día de San Roque, a sesión de tarde e verbena correrá por conta da Orquestra Merengue.
Fotos: O SIL.



