No mediodía deste 16 de agosto saía a procesión coa imaxe de San Roque no barrio barquense ao que lle dá nome este santo. Saía dende a capela e seguía o percorrido habitual, cruzando pola avenida Manuel Quiroga, seguindo pola rúa San Roque para, deseguido, pasar pola praza das Airas e regresar novamente a Manuel Quiroga. Durante o percorrido soaba a música dos Gaiteiros do Alén, que acompañaba ao santo que portaba un acio de uvas brancas e outro de tintas.
Dende aí voltábase á capela, onde se celebraba a misa, oficiada polo sacerdote Jesús Álvarez.
Fotos: O SIL.


