Tres persoas resultaban feridas, unha delas de consideración, nun accidente de tráfico que se producía esta madrugada na na estrada OU-533 (A Rúa-A Gudiña), á altura de A Rigueira, no municipio do Bolo.
Un vehículo saíuse da estrada sobre e quedaba volcado sobre un lateral despois de bater contra un quitamedos do lado dereito. Ata o lugar desprazábanse de inmediato o 061-Urxencias Sanitarias, Protección Civil do Bolo, o GES da Veiga, a Garda Civil de Tráfico e o servizo de conservación de estradas.

