ConcellosMontederramoÚltima hora

Ferida unha persoa ao bater o seu coche contra un inmoble, en Montederramo

 

Na mañá deste domingo 18 de agosto unha muller necesitaba asistencia sanitaria despois de bater o seu vehículo contra un inmoble, en Montederramo.

Tal como explican dende o 112 Galicia, o suceso tiña lugar cando circulaba pola OU-536, quilómetro 36, á altura de Seoane Vello, na estrada que une Ourense con Castro Caldelas. “O alertador que chamou ao 112 Galicia, ás 11:40 horas, indicaba que a muller estaba moi atordada pero que estaba totalmente liberada e accesible. Iso si, o vehículo entorpecía a vía”, puntualizan.

Ata o lugar acudiron o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia, os membros do GES de Castro Caldelas e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Artigos relacionados

Back to top button