Coincidindo coa feira deste 22 de agosto na vila de Manzaneda realizábase unha nova exposición de palilleiras da Asociación de Mulleres Algueirada, na que podían admirarse os seus traballos. Ao longo do ano tamén os nenos recibían clases de encaixe de bolillos e tamén demostraban as súas habilidades nesta xornada.
Dende o Concello de Manzanda agradecíase a colaboración do Inorde e da Deputación de Ourense pola colocación dunha carpa que “permitiu que este día solleiro as persoas que estaban a palillerar estiveran baixo sombra”.
Fotos cedidas.