ConcellosEn portadaPetínÚltima hora

MARCO Petín abre as portas a unha fin de semana de arte ao aire libre

 

Cunha moi boa acollida malia os imprevistos e os cambios de última hora (tiñan que retrasar a apertura polo falecemento dun veciño) abría as portas a V edición de MARCO Petín, a mostra de artistas da comarca que nesta fin de semana encherá de arte as paredes do casco vello desta localidade valdeorresa.

 

 

A mostra nacía como unha “aposta decidida pola promoción da arte no rural, polo apoio e impulso dos artistas da contorna onde a combinación de obras, entorno, veciños e visitantes conforman unha experiencia artística irrepetible a ceo aberto” e tal como asegura a alcaldesa de Petín, Raquel Bautista “está xa consolidada”. 

 

 

Na apertura desta edición que conta con obras de Ordecaos, Piquico, Diéguez, Noé, Lili e Yosso (os dous últimos falecidos aos que se lles rende homenaxe), Raquel destacaba a gran asistencia de público, con moita xente de fóra e iso que o día grande sempre é o sábado. “A pesares de que esta fin de semana hai festas en moitos sitios e nós mesmos temos a Ruta das Bodegas proximamente, esta é unha actividade diferente e penso que importante, non só polo aspecto cultural senón por darlle un espazo aos artistas da zona e en cada edición hai algo novo”, di a alcaldesa.

O horario de MARCO Petín é de 20 a 23 horas.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button