ConcellosTrivesÚltima hora

Trives aspira a ser o concello fin de etapa da Volta a España máis concienciado coa reciclaxe de pilas

A Fundación Ecopilas promove o concurso “Reciclar ten premio seguro” e dende o Concello animan á cidadanía a participar depositando as baterías na Casa Consistorial

Concello da Pobra de Trives.

 

A Volta Ciclista a España tamén será a oportunidade idónea para que “os veciños e veciñas da Pobra de Trives demostren a súa concienciación medioambiental”, aseguran dende o Concello que aspira a ser “a vila fin de etapa máis concienciada coa reciclaxe, no concurso “Reciclar ten premio seguro” que promove a Fundación Ecopilas. O Concello anima a toda a poboación a sumarse ao reto depositando as pilas na Casa Consistorial.

Ao finalizar o evento deportivo premiaranse ás tres persoas que máis pilas depositasen entre todas as localidades nas que se instalará o Parque Vuelta e aos tres concellos con chegada ou saída que máis pilas recollesen. O obxectivo é “promover a práctica da correcta reciclaxe”.

 

 

 

A etapa número 12 de la V chegará mañá a Trives. Durante toda a xornada programáronse actividades relacionadas co mundo do ciclismo e que terán a rúa San Martín como escenario. Neste punto instalarase o Parque Vuelta, unha “fan zone” na que haberá unha trintena de expositores e patrocinadores e empresas colaboradoras levarán a cabo actividades para os afeccionados, que van desde reparto de merchandasing, regalos, degustacións e actividades para os máis pequenos, ademais de ofrecer a posibilidade de poder seguir desde este espazo o desenrolo da etapa. Poderá visitarse dende as 16:30 ata as 20 horas e o acceso será libre.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button