A semana transcorría para Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense con sorpresas, polas inclemencias meteorolóxicas, pero cun sen fin de actividades.
Coma sempre entregaban os tapóns solidarios que semanalmente levan ao Corazón Solidario do Concello de Barbadás (o Colexio Plurilingüe Divina Pastora é centro de recollida para toda a cidadanía que os queira levar). Ademais realizaban un obradoiro de reciclaxe de cixas de cartón, que xa deterioradas non tiñan máis vida útil.


Aínda que non comezou a liga Pilabot de recollida de pilas usadas, xa están clasificando as que van chegando ao colexio levándoas ao Punto Limpo e tamén realizaba un taller de relaxación cos debuxos de mandalas para acougarse e relaxarse despois de tanta actividade.
E para renatar a semana, na tarde deste venres, Día de San Francisco (patrón da Ecoloxía), celebraban os 20 anos da Aula da Natureza de Oira. Luis Amigo exerceu de anfitrión neste día tan especial no que os Ecovixiantes de Franciscanas gozaron dunha infinidade de actividades. Comezaron cunha espectacular plantación de petunias no antigo estanque que rodea a aula, onde debuxaron un enorme 20 para acoutar a plantación, e onde acabaron cantando polo aniversario.


Despois tocou quenda á XVII Limpeza Simultánea de Ríos, organizada por Adega, e que se suspendeu en dúas ocasións polo mal tempo. A Aula da Natureza e Ecovigilantes de Franciscanas son as dúas organizacións do Concello de Ourense que participaron nesta actividade (56 organizacións en toda Galicia). A zona da Presa de Velle foi o lugar elixido para retirar cabichas, latas de refresco e botellas de plástico ata un total de 73 kg. E como xa estamos na Semana do Día das Aves, “Luis presentounos, co seu sempre bo facer, o Ave do 2024, o Avetoro”, explica o profesor Lalo Sánchez, engadindo que observaron con prismáticos as aves da contorna: cirrios, gorrións, patos e unha elegante garza.

Para terminar, o alumnado do Colexio Plurilingüe Divina Pastora MM Franciscanas de Ourense realizou un taller de debuxos da aula alusivos aos seus 20 aniversarios que quedaron expostos no exterior.
“E para a semana, se o tempo o permite, iremos ao río Loña á XVII Limpeza Simultánea de Ríos”, avanzan.

Fotos cedidas.



