
No marco das actuacións ligadas á guerra civil que o colectivo Spunit Labrego e Tempos Arqueolóxicos están desenvolver unha “das máis impactantes é a historia de Ceferino López Bello, veciño de Lago de Carucedo asasinado no ano 1937”, apuntan os propios investigadores, “unha historia que tivo moitas repercusión na contorna”.
Nesta semana, os investigadores atopan os restos dunha persoa represaliada que podería ser este veciño e para esta tarde, ás 17h., está prevista unha visita ao lugar onde se realizaba a exhumación, a Domus de Pedreiras, Lago de Carucedo.
Ceferino era “dono dun caleiro xunto a Domus romana de Pedreiras, pensamos que é a persoa que atopamos hoxe, tirado como unha cerámica romana entre os muros restaurados da Domus. As visitas da Domus non sabían que baixo os adoquíns estaba a área da memoria”, sinalan o equipo de investigadores.
