CulturaCulturaÚltima hora

Conclúe a exhumación dun represaliado na Domus de Pedreiras, no Lago de Carucedo

 

Veñen de concluír os labores de exhumación dunha vítima da Guerra Civil na Domus de Pedreiras, no Lago de Carucedo (O Bierzo). “Os datos preliminares: home, máis de 40 anos, forzado a entrar nun burato infecto entre dous muros dunha domus romana do século III d.n.e., esquecido durante case 90 anos salvo polo pobo que sabía”, segundo os datos feitos públicos polo equipo que levaba a cabo exhumación, formado por investigadores de Sputnik Labrego e Tempos Arqueólogos.

 

 

Os investigadores que manteñen a hipótese de que os restos da persoas atopada poderían ser de “Ceferino López, dono do caleiro onde o enterraran tralo seu asasinato en 1937”. Na tarde de onte, 10 de outubro, organizábase unha visita ao lugar no que os asistentes puideron escoitar as explicacións de membros do equipo.

Fotos cedidas.

 

Back to top button