
Este sábado 12 de outubro falecía o sacerdote diocesano Lisardo Paradelo Álvarez aos 84 anos de idade. A noticia causaba gran conmoción entre a veciñanza das parroquias que levaba dende hai moitos anos e ata agora nos municipios de Petín e da Rúa.
Natural da localidade de Vilaseco do Bolo, Lisardo Paradelo foi ordenado sacerdote o 29 de xuño de 1965. O seu servizo pastoral realizouno sempre na zona de Galicia da diocese de Astorga, sendo Vigario de Zona durante moitos anos, profesor de Relixión e párroco, ata a actualidade, de Petín, Fontei, Carballal, Mones, O Seixo, San Fiz de Valdeorras, San Paio, Santa María de Mones e Santoalla do Monte.
O funeral e enterro terá lugar o domingo 13 de outubro, ás 18:30 h, en Fontei (A Rúa), tal e como daba a coñecer a Diócese de Astorga. A súa capela ardente estará no Tanatorio San Antón na Rúa.