A RúaConcellosGalerías de fotosÚltima horaVídeos

A Garda Civil da Rúa rende culto á Virxe do Pilar na igrexa parroquial de Fontei

 

Como cada 12 de outubro os membros da Garda Civil da Rúa celebraban na mañá deste sábado, a festa da Virxe do Pilar, a súa patroa.

 

 

Pasadas 12 horas e trala foto de rigor no adro, tiña lugar a misa na igrexa da Nosa Señora de Fátima en Fontei. Unha celebración marcada nesta ocasión pola ausencia do párroco Lisardo Paradelo, cuxo falecemento nesta mesma xornada causaba un gran impacto na sociedade.

 

 

A el adicaba o sacerdote José Fernández de Abajo unhas as primeiras palabras do sermón, antes da ofrenda que por primeira vez facían os propios axentes á Virxe (da bandeira, tricornio, auga bendida e caliz).

 

 

Coma sempre, á parte dos gardas, a esta celebración relixiosa acudían tamén representantes municipais rueses (entre eles membros do equipo de Goberno e tamén da oposición), así como as alcaldesas de Petín e Larouco, e representantes municipais de Vilamartín de Valdeorras, ademais de veciños da Rúa e de concellos limítrofes, entre outros.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button