CD RúaDeportesFútbolÚltima horaVídeos

Os veteranos do CD Rúa homenaxean ao masaxista e utillero ‘Anduriña’ cun partido contra o CD Bragança

 

Aproveitando o día festivo, os veteranos do CD Rúa organizaban un partido de homenaxe ao mítico masaxista e utillero do club rues ‘Anduriña’, no que se enfrontaban a uns vellos amigos, os veteranos portugueses do CD Bragança.

Por un problema técnico, o conxunto luso chegaba con certo retraso ao campo de fútbol Vicente Solarat na tarde deste sábado 12 de outubro, sendo recibidos polos rueses para, xuntos, homenaxear a ‘Anduriña’ (falecido hai xa anos) cun detalle que lle entregaban á súa neta Valeria, acompañada pola pola súa nai e o seu tio, ata hai pouco presidente do CD Rúa.

 

 

Tras entregarlle unha botella de viño e un banderín ao equipo rival, comezaba o partido arbitrado por Carlos López Gudiña que se saldaba cun 1-2 favorable ao equipo portugués.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver salvo a última da galería que é cedida.

Artigos relacionados

Back to top button