DeportesKárateÚltima hora

Os karatekas Enzo Prieto e Brian Rodríguez (R. Stone O Barco), prata e bronce no galego cadete, júnior e sub21

 

Comeza a tempada de karate e o River Stone do Barco de Valdeorras suma xa as primeiras medallas. Na tarde do 13 de outubro celebrábase no Pavillón Municipal da Malata, en Ferrol, o campionato galego, júnior e sub21 (I Copa Máster) no que participaba o club barquense, subindo ao podio en dúas ocasións na modalidade de kata.

Enzo Prieto Fernández lograba a medalla de prata na categoría júnior e Brian Rodríguez Carballo o bronce en cadete, destacando o 5° posto de Nicolás Rodríguez Domínguez en cadete.

 

 

Fotos cedidas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button