
A innovación, a economía social e a tradición daranse a man na Feira de Outono de San Xoán de Río, prevista para o vindeiro domingo 20 de outubro. A inauguración da mostra está prevista para as 11h, da man da directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración Marta Vázquez Guzmán.
A feira, con entrada de balde, será tamén un evento para festexar o Día da Muller Rural cunha “fermosa actividade da Cooperativa Increscendo experimentaremos a través do xogo un universo de posibilidades para as mulleres e para o mundo rural”, adiantan dende a organización.
Ademais haberá un concerto ás 12:30h a cargo do grupo musical The Teta ́s Van, que porá a banda sonora perfecta para este encontro. Tamén haberá exposicióne vendade produtos locais con Arraigo á Terra, Piel Natura cosmética natural, Sabor da Serra ou Terras de Boborás con produtos derivados da mel, os viños da Ribeira Sacra Peza do Rei, ou a exposición especial de Porco Silleiro.
Outro dos apartodas será o asesoramento en vivo: As iniciativas Sostibles Ourense, a Asociaciónde profesionais e autónomos/asda Provincia de Ourense (AEPA), A Confederación Empresarial de Ourense a través do seu proxecto Conecta Rural e a recentemente creada ABEIRO, oficina de transición enerxética en San Xoán de Río, ofertarán asesoramento gratuíto a todas as persoas visitantes que teñan unha idea ou precisen consolidar as súas iniciativas, a través dos innovadores proxectos que están a desenvolver.

Monopoly rural
Ás 16:00h, e grazas á colaboración da cooperativa Apoio, porase a proba a estratexia e coñecemento do mundo rural cunha divertida partida de Monopoly cun toque especial.
A organización convida a participar nesta feira. “Coñecerase de primeira man iniciativas emprendedoras que están a transformar o mundo rural xerando novas oportunidades”, e ademais supón un “apoia a economía social ao consumir produtos locais e coñecer os proxectos de emprendemento social, estarás a contribuír a fortalecer a nosa economía e a crear un futuro máis sostible.