DeportesKárateÚltima hora

Brian Rodríguez (KC River Stone O Barco) participará na Xornada 5 da Liga Nacional de Karate

Competirá mañá en Santander, na modalidade de kata na categoría cadete

Brian Rodríguez nunha competición no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Este sábado 26 de outubro o KC River Stone do Barco ten unha cita coa Liga Nacional de Karate. Un dos seus karatekas, Brian Rodríguez Carballo, participará na Xornada 5 que se celebrará no Palacio de Deportes de Santander (Cantabria).

O deportista valdeorrés competirá na modalidade de kata na categoría cadete.

 

Artigos relacionados

Back to top button