Tanto o vernes 25 coma este sábado 26 de oututbo, as portas de eXclusivo, no Barco de Valdeorras, permanecerán pechadas xa que por unhas horas trasládanse xunto a unha gran cantidad de produtos á cidade da Coruña, donde esta fin de semana se celebra “unha das maiores feiras de vodas e eventos que se realiza en Galicia”, aseguran dende eXclusivo.

Expobec é unha feira para futuros noivos e parellas para enlaces e outro tipo de eventos que se celebra en Palexco A Coruña, na que exponen máis de 50 empresas e algúns dos stands máis importantes do sector no que se poden atopar dende a viaxe para a lúa de mel ou vestido e traxe para a noiva e o noivo, ata fotógrafos, decoradores, xoiería e mesmo discotecas móbiles.

Nesta feira, entre moitos dos seus servizos, eXclusivo destaca no seu stand os detalles para os convidados “cunha gran variedade donde as parellas poderán ver, tocar e elixir o que mellor se adapta ao seu gran día”, asegura, adiantando que por terceiro ano consecutivo estarán dispoñibles de 11 a 14 e de 16 a 19:30 horas, xunto so resto de compañeiros, entre os que está Fran “un valdeorrés co seu taller de flor preservada na Coruña” e amigos de La Gramola, Bailoteo, Fotomatón Galicia, etc.

Fotos e vídeo cedidos.



