ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Falece un home nun accidente de tráfico na OU-533, en Viana do Bolo

 

Novo accidente de tráfico mortal nas estradas da provincia de Ourense, desta volta en Viana do Bolo onde, na mañá deste xoves 31 de outubro tiñan que excarcerar a un home falecido dun vehículo tras unha saída de vía, segundo indican dende o 112 Galicia.

Os feitos tiñan lugar sobre as 11:45 horas na OU-533, á altura do punto quilométrico 17-18, en San Cibrao. A esa hora, o 112 Galicia recibía a chamada dun particular solicitando medios de excarceración para unha saída de vía. “Segundo informaban, o turismo atopábase envorcado e cos ocupantes aínda no interior. Tempo despois, informaba de que unha muller que viaxaba no vehículo puido saír do mesmo pero o outro ocupante, un home, estaba atrapado”, explican dende o centro de emerxencias.

 

 

De xeito inmediato, pasaban aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos membros do GES de A Gudiña, aos axentes da Garda Civil e da Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

“Tras confirmar que o home que estaba atrapado no interior estaba falecido, os equipos de emerxencia procederon coas tarefas de excarceración”, concluen dende o 112. O falecido, veciño de Verín, viaxaba como acompañante.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button