Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Andarines de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) no VIII Villablino Trail

 

Sen descanso. Encadeando unha proba con outra. O atleta veterano Carlos López Gudiña (Andarines Arcos) non perde unha carreira e na xornada do domingo 3 de novembro participaba no VIII Villablino Trail. Unha carreira de 10 quilómetros “moi esixente e bonita”, tal como el mesmo conta, que completaba nun tempo de 1:21:41. Dos 300 inscritos cruzaban a meta 213 entre os que estaban Carlos, no posto 182 da xeral e 12 por categoría.

Nesta ocasión Carlos iba acompañado por outros membros dos Andarines Arcos: Sonia, Luis, Oliva e Emilio, que participaban na andaina.

 

Artigos relacionados

Back to top button