Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, supervisaron a marcha dos traballos de restauración hidrolóxico-forestal do río Barbaña, ao seu paso pola cidade de Ourense.
Esta actuación comezaba o pasado 26 de maio e o seu obxectivo é “mellorar a estrutura da vexetación de ribeira e a continuidade lonxitudinal do cauce para recuperar a sección de evacuación orixinal do mesmo, co ánimo de aminorar ou eliminar os efectos nas infraestruturas e fincas colindantes durante as inundaciones por avenidas extraordinarias”, segundo se informa dende o organismo de conca.
A lonxitude do tramo de actuación abrangue 7 kilómetros de cauce, nos que se proxecta investir máis de 90.000 euros. A obra está sendo realizada por unha brigada formada por uhna cuadrilla forestal de 8 operarios (1 capataz forestal e 7 peóns especialistas), que realizarán o seu labor fundamentalmente por medios manuais e coa maquinaria adecuada, compatible coa zona de actuación. Estímase que os traballos durarán tres meses.