
O 25 de novembro terá lugar no IES Lauro Olmo do Barco de Valdeorras unha xornada de formación realizada por Yolanda Gómez, maquilladora profesional de Estilo One. Tal como avanzan dende o departamento, esta xornada constará de dous traballos en modelos reais onde se realizará unha demostración de maquillaxe antiedade, un deles con aerógrafo. A formación vai dirixida o alumnado e a profesionais tanto de peiteado como de estética que queiran asistir gratuitamente.
A xornada enmárcase dentro do programa Aula de Emprendemento, coordinada pola profesora Ángela Blanco e financiado pola Consellería de Educación que pretende “crear lazos entre os futuros traballadores e as empresas”.
Ademáis, o instituto barquense vén de inaugurar unha Aula Tech para peiteado “grazas á que foi seleccionado no programa Espazos de Tecnoloxía Aplicada no marco de Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia”, din dende o centro, destacando que a aula é un “referente na creación de aulas dixitais para imaxe persoal na comunidade autónoma, contando con gafas de realialidade virtual e inmersiva e facilitando a formación do alumnado para a súa integración no mundo laboral”.



