ConcellosO BarcoÚltima hora

O Barco prepárase para celebrar unha gran Festa de Fin de Ano

As entradas poranse á venda este venres 22 de novembro cun prezo de 22 euros

Cunha gran Festa de Fin de Ano darán a benvida ao 2025 no Barco de Valdeorras. A partir das 00:30 horas do 1 de xaneiro abriranse as portas da carpa de 1.000 m2 instalada na rúa da Estación de Autobuses (párking xunto ao antigo DÍA) para acoller o evento festivo.

Tal como avanzan dende a organización, contarán con dous trailer escenario, un a cada lado de 20m de longo x 14m de alto x 9m de fondo. “Primeiro actuará a orquesta M-3 Show atas 3:30 horas no escenario Nº 2 e logo os Djs Isra e Dani Argü ambos do Barco, e Marcos Magan locutor de verbena FM e Dj de primeiro nivel, no escenario Nº 1”, explican, engadindo que terán servizo de gardarroupa e cotillón que se entregará aos asistentes conforme vaian entrando.

 

 

“Haberá unha empresa de seguridade homologada para facer o control de acceso e o control da seguridade durante o evento”, din, puntualizando que os maiores de 16 e menores de 18 anos terán que presentar autorización asinada polo titor legal e copia do seu DNI para poder entrar mentres que os menores de 16 só poderán entrar acompañados dos pais.

No recinto haberá baños portátiles e seguramente algún posto de comida e, con respecto ás entradas, poranse a venda este venres 22 de novembro cun prezo de 22€ con 1 consumición (en taquilla custará 25€); e poderanse adquirir bonos de 5 consumicións por 20€ coa compra da entrada. “A venda de tíckets de comsumicións durante o evento serán de 5€ para as copas e de 3€s para todo o demais”.

Puntos de venda de entradas:

– Librería Yoli
– A Horta de Fina e Mar
– Autoescuela Valdeorras
– Pastelería A Casiña
– Alba Dobao Belleza & Wellness

 

Artigos relacionados

Back to top button