
A selección de Ourense de fútbol sala continúa cos adestrasmentos preparatorios para o Campionato galego de seleccións comarcais que se celebrará proximamente na localidade pontevedresa de Marín. E entre os cativos convocados pola selección alevín están tres xogadores do Club Inter Ribeira Sacra.
Irea Conde Blanco (porteira) e Marcelly Santos Silva (peche) están convocadas para o adestramento deste xoves 21 de novembro no pavillón de Amoeiro onde deberán presentarse ás 19:30 horas. Pola súa banda, Ivelin Ivaylov Stoyanov “Ivi” foi convocado para o adestramento da vindeira semana, tal como adiantan dende o club.



